Carlos Mouriño conmemora a fusión que deu orixe ao Celta en 1923
O máximo accionista da entidade descubriu unha placa conmemorativa no lugar exacto da fundación do Real Club Celta, a Biblioteca Pública Juan Compañel
A TVG estrea 'Un século de afouteza' coincidindo co centenario do Celta
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, conmemorou este mércores a sinatura entre o Vigo Sporting e o Fortuna, cuxa fusión foi a orixe do R. C. Celta o 23 de agosto de 1923.
O máximo accionista da entidade descubriu unha placa conmemorativa para deixar constancia da orixe da entidade no lugar exacto da fundación do Real Club Celta, a Biblioteca Pública Juan Compañel, que en 1923 era a sede da Fundación Gremial de Patróns.
"Aquí naceu o R. C. Celta o 23 de agosto de 1923 grazas á xenerosidade de dous clubs, o Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna, e as súas dúas afeccións, que demostran que coa unión pódense lograr os máis grandes soños", recolle a placa descuberta por Mouriño.