Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos López destapa o tarro das esencias cun gol para a lembranza

Carlos López destapa o tarro das esencias cun gol para a lembranza

O Bergantiños gaña por 3-1 diante do Avilés cunha grande actuación do ferrolán, que anotou dous goles

G24.gal 18/09/2022 18:57

O Bergantiños logrou a vitoria diante do Avilés cunha actuación e un gol para o recordo de Carlos López. O xogador ferrolán marcou un dobrete, o segundo deles para sentenciar o partido cun disparo desde corenta metros. 

Comezou moito mellor o Avilés o partido pero un troco táctico na dianteira permitiulle ao Bergantiños coller o mando. Así chegou o tanto marcado por Adri Pérez. 

Na segunda parte aumentou a vantaxe Carlos López pero os asturianos mantivéronse no partido grazas a un gol de Isi Ros no minuto seguinte. Podían aparecer os nervios ata que Carlos López anotou ese terceiro gol (golazo) que finiquitou o encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos