Carlos Carvalhal, moi amolado coa arbitraxe de González Fuertes en Vilarreal
Carvalhal: "Desde o club dinme que non é a primeira, nin a segunda, nin a terceira vez que este árbitro ten unha mala actuación"
A derrota na Cerámica deixa malas sensacións no adestrador do Celta, Carlos Carvalhal, pola actuación do árbitro González Fuertes. O asturiano perdoou a expulsión a Capoue no minuto 56, sinalou un rigoroso penalti ao céltico Óscar Rodríguez e deixou sen sancionar a falta que lle reclamaba Tapia na xogada que propiciou o primeiro gol do Vilarreal.
O adestrador do Celta opinou tras a derrota contra o Vilarreal que o seu equipo mereceu máis e agregou que hai xogadas e decisións do equipo arbitral que se deben analizar:
"Sabes que non falo de arbitraxes. Desde o club dinme que non é a primeira, nin a segunda, nin a terceira vez que este árbitro ten unha mala actuación".
"Hai situacións que teñen unha influencia moi grande no partido".
Non é a primeira vez que González Fuertes protagoniza unha mal arbitraxe contra o equipo vigués, que inclúe expulsións e goles anulados moi discutibles e que mesmo levaron ao club vigués a emitir un comunicado no que denunciaba “o ínfimo nivel” mostrado polo asturiano nun partido en Xetafe.