Carles Planas: “Stuani é un referente, pero Aspas pode ser máis importante”
Por Zona mixta pasou Carles Planas para debullar o partido desta noite entre Xirona e Real Club Celta
Igualados
"O partido é moi parello, a pesar dos diferentes resultados na última xornada. Normalmente os Xirona vs Celta son atractivos e pasan cousas. O estado anímico dos cataláns igual é algo mellor"
Equipo reforzado
"O Celta ten un equipo de nivel semellante á do ano pasado. A idea é a mesma e os xogadores importantes como Aspas seguen ao mando. Creo que Paciencia vaille dar moito ao equipo, a ver se se compenetra con el como Nolito o facía co de Moaña"
O factor Moaña
"Os referentes nos dous equipos son Stuani e Aspas, quizais Iago pola súa capacidade de 'desatascar' calquera partido sexa superior. Ademais non só xera goles, senón que tamén os mete. Javi Galán é un xogadorazo, empecei a seguilo en Huesca e claro que ten nivel Barça"