Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Pérez e Strand Larsen, executores do cambio do Celta de Giráldez

Carles Pérez e Strand Larsen, executores do cambio do Celta de Giráldez

Carles Pérez: “Marcar sempre che dá confianza. É o meu, axudar o equipo e estar preparado para cando me toque xogar"

Strand Larsen: "Cambiamos. Benítez era un grande adestrador, pero o novo míster ten unha idea nova e imos seguir así"

G24.gal 18/03/2024 15:02 Última actualización 18/03/2024 15:13

O extremo Carles Pérez, autor do primeiro dos goles do Celta fronte ao Sevilla (1-2) no Sánchez Pizjuán, recoñeceu que ver portería axudaralle a coller confianza despois duns meses nos que apenas contou para o anterior técnico, Rafa Benítez.

“Marcar sempre che dá confianza. É o meu, axudar ao equipo e estar preparado para cando me toque xogar. Iso é o que estiven facendo estes meses, preparándome para ter esta oportunidade”, comentou a CeltaMedia.

O exfutbolista do Barcelona, que substituíu ao lesionado Javier Manquillo no minuto 28 do partido, destacou a boa imaxe que ofreceu o seu equipo no debut do técnico Claudio Giráldez.

“Fixemos un moi bo partido de principio a fin. É verdade que coa calor eles apertaron ao final e custounos un pouco máis saír, pero aínda así creo que controlamos moi ben o partido, xogando ao que queriamos”, afirmou.

Para Carles Pérez, o parón da Liga polos compromisos das seleccións viralle “moi ben” ao Celta para “perfeccionar” o estilo de xogo que quere impoñer o substituto de Benítez.

O noruegués Strand Larsen, autor este domingo do segundo tanto do Celta co que gañou no Sánchez-Pizjuán ante o Sevilla (1-2), dixo que o "instinto" debe ser unha calidade dos dianteiros e que el está "na área para finalizar".

"Estou contento co gol e o triunfo. Xogamos moi ben, en catro días pódense cambiar poucas cousas, pero temos máis balón que antes e a cousa saíu ben" dixo en alusión á destitución do adestrador Rafa Benítez e a chegada desde o filial de Claudio Giráldez.

"Cambiamos. Benítez era un grande adestrador, pero o novo míster ten unha idea nova e imos seguir así", destacou Larsen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar