Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Pérez adéstrase con normalidade dous días antes de visitar o Real Madrid

Carles Pérez adéstrase con normalidade dous días antes de visitar o Real Madrid

Todo apunta a que recuperará a titularidade no Santiago Bernabeu, onde Carvalhal tamén podería devolver ao once a Kevin Vázquez

G24.gal 20/04/2023 14:05 Última actualización 20/04/2023 14:09

O extremo do Celta, Carles Pérez, completou o adestramento deste xoves ao mesmo ritmo que os seus compañeiros e estará a disposición de Carlos Carvalhal para enfrontarse ao Real Madrid no Santiago Bernabeu.

O exfutbolista da Roma, un dos fixos no once celeste desde a chegada do técnico portugués, non puido xogar de inicio ante o Mallorca por unhas molestias musculares nun xemelgo. Unha lesión que Carles Pérez xa superou, polo que todo apunta a que recuperará a titularidade no Santiago Bernabeu, onde Carvalhal tamén podería devolver ao once a Kevin Vázquez pola sanción de Hugo Mallo e a lesión de Óscar Mingueza.

A outra posibilidade é que o adestrador do Celta decida atrasar a posición do internacional peruano Renato Tapia, que acompañaría a Aidoo e Unai Núñez no centro do eixe, e xogar con Carles Pérez e Javi Galán como carrileiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade