Carles Pérez: "Chega un adestrador top, todos estamos moi ilusionados"
O extremo catalán falou sobre o futuro do equipo na súa presentación
"Benítez centrouse na solidez do equipo"
Presentouse a fichaxe de Carles Pérez en conferencia de prensa e falou sobre a chegada de Benítez ao club celeste.
O catalán ten claro que con Benítez chega un adestrador top e afirma que "todos están moi ilusionados" e esperan realizar un bo traballo no ano do Centenario.
Espéranse fichaxes para que o rendemento sexa mellor que o do ano pasado, mais Carles afirma que Benítez é a chave para que non suceda o mesmo que a fin da tempada pasada.
O extremo foi un dos xogadores máis importantes no ataque celeste na fin de tempada, mais resaltou que o adestrador está moi enfocado en mellorar a solidez do equipo, algo moi necesario vendo os números defensivos dos vigueses.