Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os recolectores de cogomelos falan dunha mala temporada

Os recolectores de cogomelos falan dunha mala temporada

Afectoulles este outono de pouca choiva

Os recolectores xuntan poucos quilos

G24.gal 19/11/2021 20:04

Nas empresas comercializadoras de cogomelos hai esta campaña menos movemento do habitual.
Sinalan que empezaron a mediados de setembro pero que non acaba de arrancar. Todos os días entra algo de produto, pero moi pouco, e que nace esporado. 

Os recolectores chegan a contagotas, traen poucas caixas e poucos quilos e é que sinalan que este ano está sendo moi malo e non hai cogomelos aos que botarlles a man.

Din que a escaseza de choiva dos últimos meses non axudou e que a isto se suman agora as xeadas. Sinalan que xa levan dúas campañas consecutivas malas pero que esta en concreto é horrible. As xeadas aféctanlle especialmente ao boletus, que é a reina dos cogomelos.

Malia que o ano pasado tamén foi regular, todos coinciden en que hai anos que non se daba unha campaña tan mala como a que está a sufrir desta volta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar