Cargando resultados...
Cambados 1-1 Beluso
O Cambados domina, pero non pode vencer ao Beluso, que decidirá o ascenso na súa casa
G24.gal
08/06/2025 22:48
Comezou a final polo ascenso á Terceira División co encontro de ida entre o Cambados e o Beluso. Un partido en que os do Salnés dominaron espoleados polo gran ambiente do campo de Burgáns.
Porén, o Beluso foi quen de adiantarse. Yoel Rocha marcaba o 0-1 cun remate desde moi lonxe, uns corenta metros, que sorprendeu a un desafortunado porteiro local.
O Cambados botouse arriba buscando a igualada, xerou unha manchea de ocasións, pero so puido rescatar un empate. Foi nunha falta lonxana lanzada por Diego Iglesias, na que tamén puido facer máis o porteiro visitante.
O partido rematou co empate, e a eliminatoria vaise decidir en Beluso.