Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero confirma que a bancada de Marcador está "á disposición" do Celta

Caballero confirma que a bancada de Marcador está "á disposición" do Celta

A estrea da nova bancada permitirá ampliar o aforo do estadio en 6.200 butacas, superando os 21.000 espectadores

G24.gal 30/05/2023 16:30 Última actualización 30/05/2023 16:35

Despois de que técnicos municipais revisasen este martes, en compañía de persoal do Celta de Vigo, o estado da nova bancada de Marcador, o alcalde en funcións, Abel Caballero, confirmou que a devandita bancada, a única que está pechada en Balaídos nestes momentos, estará “a disposición” do club no partido contra o F. C. Barcelona.

“A pedimento do Celta, esta mañá fíxose unha visita técnica á bancada de Marcador Centenario. Todo está ben, o Celta tena á súa disposición”, explicou o rexedor, que tamén avanzou que os afeccionados poderán usar “os ascensores”, o vindeiro domingo.

A entidade que preside Carlos Mouriño informou onte do seu desexo de poñer ao dispor dos seus abonados as máis de 6.000 butacas desta bancada no “transcendental” encontro deste domingo contra o campión de Liga, ao que necesita gañar para evitar o descenso sen depender doutros resultados.

A estrea da nova bancada permitirá ampliar a ocupación do estadio en 6.200 butacas, superando os 21.000 espectadores. No Celta esperan colgar o cartel de “non hai entradas”, xa que cada abonado pode retirar dous billetes por cinco euros cada unha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar