Cargando resultados...
Bryan Zaragoza estréase contra os Wolves de Fer López e Strand Larsen
O partido poderá verse pola Televisión de Galicia e Agalega.gal este sábado ás 16:00 horas
G24.gal
08/08/2025 18:50
Remata a pretemporada do Celta e faino en Inglaterra ante o Wolverhampton. Unha proba de nivel para pechar un verán esixente. O equipo chega despois dunha semana na que ademais de adestramento houbo tirolesa, probas de habilidade e moita convivencia.
O Celta medirase a Wolverhampton, onde se reencontrará con Fer López e con Larsen. O partido pode supoñer tamén a estrea de Bryan Zaragoza coa camiseta celeste. A última fichaxe segue afinando a posta a punto para chegar en forma ao partido co Xetafe. Un partido cheo de atractivos que poderán seguir mañá dende as 4 da tarde na primeira canle da Televisión de Galicia.