Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bryan Zaragoza agarda que o Celta lle abra as portas da selección española

Bryan Zaragoza agarda que o Celta lle abra as portas da selección española

Confesou a súa admiración por Aspas e Claudio, alicerces do proxecto do Celta

G24.gal 06/08/2025 20:02

O extremo Bryan Zaragoza agarda que o seu rendemento no Celta, onde xogará cedido polo Báyern de Múnic, lle axude a volver á selección española coa que intentará xogar o Mundial que se disputará o vindeiro ano no Canadá, México e nos Estados Unidos. 

"Veño coa ilusión de facer un grande ano e deixar o Celta o máis alto posible. Intentarei traballar para estar aquí o maior número de anos posibles", dixo na conferencia de prensa. 

Bryan confesou que aínda non está ao cen por cento porque leva tres semanas menos de traballo que os seus compañeiros aínda que agarda estar listo para a estrea ligueira diante do Xetafe.

"Son consciente da ilusión pola miña fichaxe pero non teño presión", confesou o extremo andaluz. "Claudio transmite unha idea e os xogadores van a morte con el, iso é o máis importante nun equipo" asegurou Zaragoza. Tamén se desfixo en eloxios cara a Iago Aspas do que coñecía a súa calidade no terreo de xogo "pero fóra del é aínda mellor". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade