Cargando resultados...
Borja Iglesias, xogador diferencial para Claudio Giráldez
É o cuarto xogador con máis minutos no equipo e unha media de 60 por partido
G24.gal
11/11/2025 15:15
Última actualización 11/11/2025 15:30
Foi a tempada pasada o máximo goleador do equipo con 11 tantos. Suma esta 5 na Liga, 2 en Europa e unha descomunal influencia no xogo do equipo. Se debullamos a súa traxectoria, por influenza no equipo, lembra aquel curso de 17 goles no Español ou aquela campaña no Betis onde foi campión e MVP da Copa.
É o xogador de confianza de Claudio. O cuarto con máis minutos no equipo e unha media de 60 por partido. É ata o momento o máis influínte no ataque. E sen esquecer que o seu desgaste defensivo é enorme e o desgaste que tamén xera no rival. Tres meses de competición e estamos vendo a mellor versión do Panda.