Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias visita a Cillessen antes do seu regreso ás Palmas

Borja Iglesias visita a Cillessen antes do seu regreso ás Palmas

Cillesen permaneceu en Vigo desde que foi operado a mesma noite do partido dunha perforación do intestino delgado que se lle produciu tras o choque con Borja Iglesias

G24.gal 08/04/2025 12:11 Última actualización 08/04/2025 12:15

O dianteiro do Celta Borja Iglesias visitou este martes ao porteiro neerlandés Jasper Cillessen nun hotel de Vigo, onde permaneceu ata esta mañá tras recibir a alta hospitalaria o pasado domingo. O atacante galego, que lesionou o gardameta das Palmas nunha acción fortuíta durante o partido que enfrontou a ambos os equipos o pasado 31 de marzo en Balaídos, entregou unha camiseta negra de recordo a Cillessen, asinada por todo o cadro celeste e na que se lía a mensaxe 'Afouteza, Jasper'.

Cillesen permaneceu en Vigo desde que foi operado a mesma noite do partido dunha perforación do intestino delgado que se lle produciu tras o choque con Borja Iglesias. Este mediodía ten previsto chegar ás Palmas, onde continuará co seu proceso de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade