Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bordalás: "O Celta reforzouse moito e ben e xogará en Europa"

Bordalás: "O Celta reforzouse moito e ben e xogará en Europa"

O Xetafe ten que disputar as tres primeiras xornadas lonxe do Coliseum e coa "inquedanza" dos xogadores rexistrados

G24.gal 15/08/2025 13:52 Última actualización 15/08/2025 13:58

José Bordalás, adestrador do Xetafe, asegurou este venres na rolda de prensa previa ao debut do equipo azulón contra o Celta de Vigo que chega con "moita ilusión" ao comezo de LaLiga, nunha tempada "atípica" para o equipo madrileño ao ter que disputar as tres primeiras xornadas lonxe do Coliseum e coa "inquedanza" dos xogadores rexistrados.

"Foi unha pretemporada de moita esixencia. Este ano vai ser unha campaña onde vai ver que sufrir e traballar moito. Chegamos con moita ilusión ao comezo do campionato", destacou o técnico alacantino 

Bordalás asegurou que o "mercado non está pechado", e acentuou que "necesita" incorporar algúns reforzos nalgunhas posicións e que "a dirección deportiva está a traballar para iso".

Bordalás referiuse tamén ao equipo de Claudio Giráldez.

"O Celta reforzouse moito e ben e xogará en Europa. Rival tremendamente complicado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade