Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez volve ao modo ligueiro: "A Copa estanos dando confianza"

Benítez volve ao modo ligueiro: "A Copa estanos dando confianza"

Falou de Manquillo, a última fichaxe: "Non está para xogar inmediatamente"

Segue sen ver a Larsen, Douvikas e Aspas xuntos no equipo

G24.gal 19/01/2024 11:22

Rafa Benítez pasa por un momento doce. Comezan a saírlle ben as cousas ao Celta e a súa política de xestión de minutos están a traer resultados tanto na Liga como na Copa. O técnico recoñeceu que o torneo copeiro lle estaba dando confianza ao equipo e que "había xogadores que merecían xogar e para iso serve a Copa". 

Un deles era Tasos Douvikas. O grego é o gran protagonista goleador na Copa pero en Liga segue a carecer de oportunidades. Benítez veu a carón de Larsen pero iso faría perder a Aspas porque segue sen ver os tres xuntos de inicio. 

Tamén falou o adestrador de Javier Manquillo, ao que coñece ben do Newcastle. A principal dúbida é a súa lesión que o tivo sen xogar no último ano e medio. O técnico recoñeceu que non está para xogar inmediatamente pero que "está san". Terá que poñerse a punto para chegar ao mesmo ritmo de competición que os seus compañeiros. 

Por último expresou un desexo para o sorteo de Copa. "Queremos xogar en Balaídos, dá igual contra quen" ... e por suposto "gañar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos