Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez: "Non estamos capacitados para ter a posesión e encerrar o rival"

Benítez: "Non estamos capacitados para ter a posesión e encerrar o rival"

Rafa Benítez non quixo confirmar se Iago Aspas regresará ou non ao once 

G24.gal 16/02/2024 13:02 Última actualización 16/02/2024 13:10

Rafa Benítez non quixo confirmar se Iago Aspas regresará ou non ao once tras dúas suplencias.

"Non me gusta dicir se vai xogar este ou o outro para non dar pistas ao rival. Traballamos sobre o sistema de catro e de cinco e o equipo sabe o que ten que facer. Non é tanto o sistema, senón o que fan os futbolistas", afirma.

Si insistiu en que é un xogador moi importante para eles.

"Tamén o é Larsen, pódeo ser Tasos ou Williot se está en condicións".

Sobre o moañés, referiuse tamén ás súas palabras pospartido sobre os erros individuais, xa matizadas polo moañés o mesmo día.

"As declaracións témolas que controlar porque dependemos de que os xogadores que están no campo estean motivados. Non se trata de apuntar a ninguén En canto á súa reflexión sobre que teñen futbolistas para xogar en campo contrario e con outro estilo, replica.

"Témonos que adaptar ás características do noso equipo, á situación que temos. A xente quere gañar xogando ben. Que é xogar ben? Facer uns bos contraataques ou ter o 80 % de posesión e encerrar ao rival? Nós iso non o podemos facer, dá igual que nos guste moito".

Jonathan Bamba non estará ante o Barcelona. O corpo técnico esperaba que o extremo, un dos fixos no once ata que marchou ao seu país para disputar a Copa África, unísese esta mañá aos adestramentos despois de gozar de varios días de festa pola conquista do título continental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar