Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez e a ilusión que xera no celtismo: "Síntome moi ledo de estar aquí"

Benítez e a ilusión que xera no celtismo: "Síntome moi ledo de estar aquí"

Foi un dos máis buscados para facer fotografías na presentación do himno do Centenario celeste

G24.gal 07/07/2023 15:55

O que centrou máis miradas na presentación do himno do Celta foi C. Tangana, pero non quedou atrás o adestrador Rafa Benítez. A fichaxe máis mediática desta temporada está no banco. Un dos técnicos máis laureados do fútbol español nas dúas últimas décadas falou para a Televisión de Galicia e dixo estar "moi ledo e orgulloso de estar no Celta". 

Todos querían unha fotografía con Benítez. Maiores e máis novos. É recoñecido para todas as idades. Benítez sorriu e dixo: "Oxalá queiran facer fotos comigo a vindeira temporada, sería un bo sinal". 

Tamén falou Rafa Benítez desa chanza que lle fixo Tangana sobre a posibilidade de gañar algún título: "Fíxoo moi ben, deixouno caer pero non dixo cal", comentou o novo adestrador celeste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade