Publicador de contidos
Publicador de contidos

Batalla campal na Euroliga de baloncesto, con 21 descualificados en Madrid

Batalla campal na Euroliga de baloncesto, con 21 descualificados en Madrid

O partido entre o Real Madrid e o Partizan tivo que suspenderse cando quedaban 1:40 por unha lea entre os xogadores dos dous equipos

G24.gal 28/04/2023 07:48

O Real Madrid perdeu por 80-95 no segundo partido do play off de cuartos de final da Euroliga de baloncesto nun partido que deron por rematado os colexiados cando aínda quedaban 1:40 por xogarse e despois dunha batalla campal na pista entre os xogadores dos dous equipos. 

Coa tensión acumulada durante os dous partidos e a derrota que deixa a eliminatoria 2-0 a prol dos serbios, estaba a cousa quente xusto no intre en que Llull cometeu unha falta antideportiva contra Punter. A partir dese momento os xogadores dos dous equipos comezaron a golpes, sobre todo Yabusele, que tombou a Exum. 

Os colexiados, vistas as imaxes, deron por rematado o partido, nunha decisión sen precedentes, e agora haberá que ver que fai a Euroliga e as sancións que vai traer a pelexa. Houbo 21 xogadores descualificados (10 do Real Madrid e 11 do Partizan), e agora a serie vaise a Belgrado cos serbios necesitando só unha vitoria para eliminar o Real Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar