Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ayuso rompe con Vox no último pleno da lexislatura: "Cada un que siga o seu camiño"

Ayuso rompe con Vox no último pleno da lexislatura: "Cada un que siga o seu camiño"

"A deriva que tomou o seu partido non me vai arrastrar con ela", díxolle a presidenta madrileña a Rocio Monasterio

Isabel Díaz Ayuso no pleno da Asemblea de Madrid (EFE/Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 23/03/2023 11:55

A presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso rompeu este xoves con Vox, partido contra o que cargou "pola deriva que tomou" nos últimos meses e pola súa suposta "superioridade moral"

"Cada un, mellor, pola súa conta", díxolle a presidenta madrileña á formación de Rocío Monasterio. "Esta claro que a partir de hoxe cada un seguirá o seu camiño", espetou Ayuso no pleno da Asemblea de Madrid.

Era o último desta lexislatura, e nel Vox anunciou que votará en contra da última proposta fiscal estrela da presidenta rexional para atraer investimento estranxeiro.

Nese peche da lexislatura e coa vista posta nas eleccións do 28 de maio, a dirixente do PP rompeu as relacións cos que ata o de agora eran os seus socios preferentes, aínda que Ayuso recoñeceulle a Vox que apoiase o seu Goberno cando "a ultraesquerda" non quería que a formación de extremadereita tivese "lexitimidade" para estar nas institucións.

"A deriva que tomou o seu partido non me vai arrastrar con ela", díxolle a Monasterio, quen recriminou a Ayuso que queira beneficiar os estranxeiros fronte aos madrileños coa súa proposta de dedución fiscal aos investimentos procedentes de fóra da Comunidade de Madrid.

Pola súa banda, Monasterio lamentou que PP e Vox non terminen a lexislatura "nun clima de entendemento" a pesar das súas diferenzas. Nesta liña, recriminou a Ayuso que os populares votasen en contra de máis dunha trintena de iniciativas, a pesar de que o seu Goberno puido aprobar 20 leis grazas ao seu apoio.

E reprochou que o PP se abstivese no Congreso ao votar a moción de censura contra Pedro Sánchez e espetoulle que lle explique "como foi iso do PP de entregar o Goberno de España a Pedro Sánchez porque preferiu salvar a Mariano Rajoy".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade