Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta empata en San Mamés (1-1) e asegura matemáticamente a clasificación europea

O Celta empata en San Mamés (1-1) e asegura matemáticamente a clasificación europea

O Celta asegura repetir en Europa. Xogará a praza de Europa League co Xetafe na última xornada.

G24.gal 17/05/2026 19:13

Minuto a minuto

Ás 19:00h comeza o partido de San Mamés. Athletic de Bilbao-Celta. Este é o XI de CLaudio Giráldez

E este é o XI do Athletic de Valverde

1'

Comezou o partido. Athletic 0-0 Celta

4'

GOOOOOOOOOOOOL do CEEEEELTAAAAA!!! O balón vai cara Williot, que saca un disparo cruzado impostible para Unai Simón. Athletic 0-1 Celta

37'

Ocasión do Athletic, cun remate abaixo que saca ben Radu a córner

41'

Remate claro de Unai G. desde dentro da área, e o balón marcha alto por moi pouco

45+2'

Dúrmese Marcos Alonso protexendo un balón, e chega coa viqueira Guruzeta que a piques está de marcar

45+5'

Descanso en San Mamés. Athletic 0-1 Celta. Con este resultado o equipo vigués aseguraría o posto na Europa League

47'

A primeira da segunda metade tamén é para o Athletic, cun remate de Iñaki Williams que marcha por riba do traveseiro

51'

Gol do Athletic. Empata Iñaki Williams aproveitando un servizo de Yuri desde a esquerda. Athletic 1-1 Celta

62'

Outra ocasión de Iñaki Williams, que acaba cun remate por riba do traveseiro

78'

Paradón de Radu coa man abaixo logo dun remate de Iñaki Williams

85'

Remate de Hugo Álvarez ao pau, pero queda anulado por fóra de xogo

90+2'

E outra parada de Radu, desta volta a remate de Nico Serrano

90+4'

E outra parada de Radu, que salva un barullo na área a prol dos locais

90+5'

Final do partido en San Mamés!! Athletic 1-1 Celta. O equipo vigués clasifícase matematicamente para as competicións europeas a temporada que vén. Queda por saber se será na Europa League, para a que precisa un punto na última xornada, ou a Conference, que aínda podería ser o destino en caso de derrota e vitoria do Xetafe na última xornada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade