Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atención de enfermería a domicilio para 2.200 doentes inmobilizados de Ourense

Atención de enfermería a domicilio para 2.200 doentes inmobilizados de Ourense

Son sete equipos formados por dous enfermeiros cada un que traballan en zonas rurais

Atenden persoas de mobilidade reducida e unha alta dependencia

G24.gal 30/01/2023 19:54 Última actualización 30/01/2023 20:49

Leticia e Nieves analizan os coidados que precisa a paciente que vai recibir atención esta tarde. Con todo listo, toca saír cara ao domicilio da doente.

Comprobar a tensión e o estado físico xeral é o principal cometido destas enfermeiras rurais, que, neste caso, abranguen toda a zona de Verín.

Son visitas periódicas a persoas que, como Lucía, apenas se poden valer.

E é que a información actualizada sobre os doentes é fundamental.

Este equipo de Verín atende 385 persoas cunha forte dependencia, a meirande parte delas por riba dos 90 anos, nos concellos do sueste de Galicia.

Este traballo require grandes desprazamentos e precisamente evita que os usuarios teñan que afrontar uns desprazamentos que serían mesmo perxudiciais para eles.

As familias tamén valoran contar con este servizo.

Na provincia de Ourense hai sete equipos de dúas persoas percorrendo principalmente as zonas coa poboación máis dispersa e envellecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade