Aspas "recuperou a ilusión" porque con Giráldez o Celta "volve ter o balón"
Aspas: "As contas da salvación son gañar o próximo partido. Con 37 debería chegar"
A Aspas mudoulle a cara desde a chegada de Claudio Giraldez. O capitán celeste confirma a influencia do novo adestrador na idea de xogo e na mentalidade dos xogadores.
Claudio meteulle ao seu Celta un punto de valentía que non tiña o equipo. Tentar dominar os partidos e ter a pelota, para satisfacción de Aspas.
"Recuperei a ilusión porque recuperamos o balón. Estou bastante cómodo porque quere o balón e xogar en campo rival e iso beneficia as miñas calidades".
Aspas está máis contento. Hai uns meses matinaba na súa retirada para o 2025. Ese horizonte muda con Claudio.
O Celta ten tres puntos de vantaxe sobre o Cádiz. O Raio, o Mallorca, o Sevilla ou o Alavés, están metidos na pelexa.
"As contas da salvación son gañar o próximo partido. Con 37 debería chegar".
Son os cálculos da lenda celeste, moito máis feliz que hai uns meses, o xogador máis diferencial do equipo con 36 anos e unha temporada máis de contrato ao 2025, ese horizonte muda con Claudio.