Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seferovic xa traballou co resto de compañeiros

Seferovic xa traballou co resto de compañeiros

Onte traballou en solitario no ximnasio con Aspas

G24.gal 16/05/2023 13:20 Última actualización 17/05/2023 14:50

Os dianteiros do Celta Iago Aspas e Haris Seferovic, que non puideron completar o partido contra o Valencia por lesión, non saltaron este martes ao céspede da cidade deportiva Afouteza, onde o resto de titulares nese encontro realizaron unha sesión de recuperación.

Esta mañá, o suízo xa traballou co resto de compañeiros en Afouteza.

O equipo celeste retomou esta onte os adestramentos despois da dura derrota sufrida o domingo ante o Valencia (1-2), cunha sesión na que Carlos Carvalhal traballou unicamente cos futbolistas que foron suplentes nese choque, ademais dos sancionados Joseph Aidoo e Javi Galán e o xogadores do filial Miguel Rodríguez e Medrano.

Seferovic, autor do gol do seu equipo, pediu o cambio no minuto 77 ao sufrir unhas molestias no aductor, mentres que Aspas tivo que ser substituído no inicio do segundo tempo pola súa lesión nas costas. Carvalhal, con todo, espera recuperar a ambos, que hoxe traballaron no ximnasio, para o importante encontro do próximo sábado contra o Athletic Club en San Mamés, onde os celestes buscarán sumar a vitoria que necesitan para selar matematicamente a súa permanencia na Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade