Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aspas, Beltrán e Aidoo traballan fóra do grupo

Aspas, Beltrán e Aidoo traballan fóra do grupo

O máximo goleador do Celta segue sen recuperarse da lesión que sofre nas súas costas

G24.gal 30/05/2023 15:43 Última actualización 30/05/2023 15:48

A ausencia de Iago Aspas, Fran Beltrán e Joseph Aidoo foi a principal novidade na volta aos adestramentos do Celta na cidade deportiva Afouteza, onde o equipo dirixido por Carlos Carvalhal empezou a preparar o último partido de Liga contra o FC Barcelona.

Baixo a atenta mirada do asesor deportivo Luís Campos, quen estivo reunido cos xogadores no vestiario antes de que saltasen ao céspede, o persoal celeste exercitouse ás ordes do técnico portugués, nunha sesión na que Aspas, Aidoo e Beltrán realizaron traballo individual.

O máximo goleador do Celta segue sen recuperarse da lesión que sofre nas súas costas e esta mañá traballou cos fisioterapeutas para tratar de acelerar a súa recuperación.

Aidoo, que se lesionou nos isquiotibiais no último partido contra o Cádiz, ten moi difícil poder chegar ao decisivo encontro contra o campión de Liga, mentres que Fran Beltrán xa empezou a realizar traballo de campo tras mellorar da rotura fibrilar de grao I sufrida no bíceps femoral dereito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos