As obras de saneamento en Vilagarcía estarán rematadas no verán
Rueda destacou o compromiso da Xunta coa mellora do saneamento en Vilagarcía a través dun conxunto de actuacións que suman un investimento de 43,2 millóns de euros
A nova EDAR comezarase en 2027
Para protexer unha das rías máis ricas do mundo, a de Arousa, estanse facendo varias obras para mellorar o saneamento de varios concellos da zona.
As de Vilagarcía entran na fase final. Este verán estarán rematados os dous novos tanques de tormentas e dous quilómetros de novas tubaxes que evitarán verteduras á ría. Alfonso Rueda avanza que prevén comezar a construción da nova depuradora o ano que vén.
Rueda, destacou o compromiso do Goberno autonómico con mellorar o saneamento en Vilagarcía de Arousa a través dun conxunto de actuacións que suman un investimento de 43,2 millóns de euros.
Rueda puxo en valor a futura ampliación da EDAR de Vilagarcía, unha obra de grande envergadura que conta cun investimento global de 31,4 millóns de euros: o 80% achegado pola Xunta e cofinanciado con fondos europeos; e o 20% restante, polo Concello.
"O obxectivo é dar servizo ás decenas de miles de persoas que viven aquí todo o ano, á industria e á xente que vén en determinadas épocas do ano", indicou.