As infraestruturas e a experiencia industrial de Ferrol, claves para o proxecto de SAIC Motor
Os empresarios valoran a importancia dun proxecto de relevancia internacional que actuará como tractor da industria
Unha aposta pola reindustrialización nunha comarca en alza. Así valoran os empresarios de Ferrol a expectativa que abre o proxecto de SAIC Motor en Galicia.
"Un proxecto industrial que pode actuar como unha iniciativa tractora cunha influencia transversal sobre outros sectores", explica Cristóbal Dobarro, presidente da Asociación de Empresarios de Ferrol.
Sectores coma o do metal, que contan cun experiencia acumulada no naval ou na metalurxia. Unha tradición industrial que se vería reforzada con novos empregos.
"Man de obra cualificada e outras empresas colaborativas que coñecen o sector e están capacitadas para abordar novos proxectos e cunha gran capacidade de adaptación", asegura Cristóbal Dobarro, presidente da Asociación de Empresarios de Ferrol.
Unha vantaxe competitiva á que se suman as infraestruturas. Un porto exterior operativo os 365 días do ano con conexión por ferrocarril converten Ferrol nun lugar estratéxico para a actividade exportadora da empresa.
"Todo o que sexa que veñan empresas de fora, empresas grandes que traian postos de traballo, é bo para a cidade", di Olegario Álvarez, presidente da Centro Comercial Aberto A Magdalena.
Un proxecto de relevancia internacional que se estende tamén ás Pontes, onde se situaría unha planta de compoñentes de automoción.