Publicador de contidos

Publicador de contidos

As exportacións de viño da Ribeira Sacra aumentaron un 30 % no que vai de ano

As exportacións de viño da Ribeira Sacra aumentaron un 30 % no que vai de ano

Comercializáronse no estranxeiro 280.000 litros

A diferenciación e a promoción son as claves da suba

G24.gal 27/09/2022 16:15 Última actualización 27/09/2022 16:29

No que vai de ano exportáronse máis de 280.000 litros de viño da Ribeira Sacra e a cifra aínda vai medrar de cara ao Nadal. Iso supón un 30 % máis que o que se vendeu o ano pasado.

Os Estados Unidos abranguen case o 50 % das compras destes viños, seguido de Noruega, Dinamarca e o Reino Unido.

E tamén se conseguiu entrar en mercados tan remotos como o os de Corea e Australia. A exportación ten unha compoñente económica pero, sobre todo, dá prestixio ás adegas.

Segundo os especialistas, o que máis se valora dos viños Ribeira Sacra no estranxeiro é o feito de seren viños do ano e frescos fronte aos tradicionais barricas que se asocian a outros viños de España.

E inflúe tamén a paisaxe á que están vencellados os viñedos do Sil e o Miño. A pandemia e a guerra non frearon a demanda e niso tamén foi decisivo o labor de promoción.

Malia a mellora na exportación, o mercado galego segue consumindo o 80 % dos viños da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade