As empresas, obrigadas a darlle ou custear os lentes a quen traballe con pantallas
Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE establece que as empresas están obrigadas a darlle aos seus traballadores lentes sempre que demostren medicamente que as precisan
Non é necesario que o problema de visión fose ocasionado polo uso destes dispositivos no traballo
Traballar diante dun ordenador oito horas pode parecer cómodo, pero a vista reséntese. Os que levan lentes deben estar pendentes de revisarse para que a perda de visión non vaia a máis.
Se traballamos con pantallas e precisamos nova graduación, xa non teremos que carrexar nós cos gastos, deberá asumilos a empresa. Ten dúas opcións: ou entrega os lentes ao traballador ou lle reembolsa os cartos.
Así o establece unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
"A cousa é ver como aplicamos iso na práctica. Seguramente nos veremos abocados a un procedemento de reclamación por parte do traballador ou da traballadora", asegura Natalia Iglesias avogada laborista.
Non será preciso acreditar que o dano visual foi ocasionado polo traballo, pero o que si se deberá probar é que os lentes cos que conta o traballador xa non lle serven para traballar.
"Se ese traballador a súa visión se ve afectada polo uso das pantallas, hai que buscar a mellor solución para garantir o seu coidado", asegura Nuria Iglesias, presidenta de AJE Ourense.
Ademais non terán que usalas só no traballo, poderán empregar as lentes tamén na súa vida cotiá.