As contas do cadro celeste para o último encontro do campionato
Cun triunfo diante do Barcelona o equipo vigués estaría salvado
Empatando sálvase se o Valladolid non gaña ou coa derrota do Almería
Sae prexudicado en todos os empates a puntos agás no duelo directo co Valladolid
O Celta xogará a permanencia na categoría na última xornada diante do Barcelona. A derrota diante do Cádiz segue a complicar a situación dos de Carvalhal. Agora mesmo dependen de eles mesmos pero só unha vitoria diante do Barcelona garante a permanencia.
Se o resultado non é de triunfo, xa habería que mirar a outros campos, sobre todo ao José Zorrilla. En caso de que o Valladolid non consiga gañar o seu partido, sería o terceiro equipo descendido. Tamén entra na ecuación con moita forza o Almería, que visita o campo do xa descendido Español. Unha derrota dos andaluces tamén salvaría ao Celta.
O perigo para o cadro vigués son as situacións de empates a puntos. Na única na que sae beneficiado e no duelo directo co Valladolid. Cos outros equipos en duelo directo perde o average e en triplos, cuadruplos e quíntuplos empates tamén sae prexudicado.