Publicador de contidos
Publicador de contidos

As contas do Celta para a salvación; en Granada debe quedar resolto

As contas do Celta para a salvación; en Granada debe quedar resolto

Aos de Giráldez chégalle cun triunfo nas dúas xornadas que faltan e mesmo cun empate podería ser dabondo

G24.gal 17/05/2024 21:33

Só quedan dúas xornadas e o Celta achegouse moito á permanencia. Seguen estando cinco equipos na pelexa por evitar o posto de descenso que falta para acompañar o Granada e o Almería. O único que está obrigado a gañar os dous partidos do final de liga é o Cádiz e logo tería que botar moitas contas.

Zona de descenso
14. AS PALMAS 38
15. RAIO VALLECANO 38
16. CELTA 37
17. MALLORCA 36
18. CÁDIZ 32
19. GRANADA 21
20. ALMERÍA 17


Resumamos os escenarios de permanencia do Celta. Sálvase gañando un partido ou empatando os dous que faltan. Sálvase tamén se fai un só punto nas dúas xornadas que faltan, sempre e cando non remate a temporada cun triplo empate co Cádiz e co Mallorca. E sálvase aínda perdendo os dous encontros finais, aínda que nesa situación terían que fallar tamén o Cádiz ou o Mallorca.

Cómpre ser optimista. Dende a chegada de Claudio os resultados do Celta son bos, sobre todo en Balaídos. Claudio só quere centrarse no encontro de Granada. Mais, por se acaso, hai outros tres partidos que poden aclarar o futuro do equipo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar