Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia refrea a guerra en Ucraína pero as vítimas civís seguen aumentando

A chuvia refrea a guerra en Ucraína pero as vítimas civís seguen aumentando

Os analistas vaticinan que o ritmo das operacións irá a máis nunhas semanas

G24.gal 27/11/2022 20:12 Última actualización 27/11/2022 20:33

A batalla refreou debido ás condicións climáticas. Os analistas do Instituto norteamericano de Estudos da Guerra din que a chuvia e a lama dificultan o avance das tropas.

Prognostican, porén, que o ritmo das operacións aumentará nas próximas semanas, cando baixen máis as temperaturas e o chan se conxele.  

A prioridade actual para Rusia é tomar o que lle falta da rexión de Donetsk, pero a intelixencia británica ve difícil que dea concentrado os recursos necesarios para logralo.

Nos últimos días, o territorio apenas cambiou de mans, a pesar de que os combates alí seguen a ser os máis duros.

As dúas partes denunciaron vítimas civís este domingo. Cinco mortos e catro feridos en áreas controladas por Ucraína e tres mortos e tres feridos nas localidades prorrusas.

Rede eléctrica

Ucraína restableceu boa parte da rede eléctrica danada nos ataques masivos do mércores, que sumiron o país na escuridade. Con todo, Volodímir Zelenski pediulle á cidadanía que aforre enerxía.

Dixo que aínda hai arredor de millón e medio de usuarios con restricións en catorce rexións. Ademais, Moscova non deixa de atentar contra estas estruturas básicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade