Publicador de contidos

Publicador de contidos

As candorcas inutilizan un barco na costa de Viveiro

As candorcas inutilizan un barco na costa de Viveiro

O veleiro quedou co temón danado e danos no casco

O ataque produciuse a só tres millas do porto 

G24.gal 01/08/2022 13:49

As candorcas atacaron un veleiro de bandeira francesa que estaba a navegar a tan só tres millas da costa na zona de Viveiro. Os dous tripulantes quedaron ilesos pero o barco quedou co temón danado e tivo que ser remolcado ata o porto para proceder á súa reparación. Os donos da nave aseguran que non temeron polas súas vidas pero lembran que as candorcas poden supoñer un risco moi grande para a navegación e provocar accidentes graves.

As candorcas levan dous anos aparecendo pola Mariña e xa causaran problemas en Ribadeo en 2020. A súa presenza causa preocupación entre os donos dos barcos amarrados en Viveiro, moitos deles estranxeiros, polos accidentes que poidan causar e porque lles obriga a modificar en moitos casos os seus plans de navegación.

Malia o acontecido coas candorcas, estes dous irmáns só pensan xa en reparar canto antes o veleiro e retomar a súa travesía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade