Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrinca de cheo o Arde Lucus MMXXIV

Arrinca de cheo o Arde Lucus MMXXIV

300 actividades recrean o pasado galaicorromano de Lugo nesta festa internacional

Prevese que a cita, con moitas novidades, congregue máis de medio millóns de persoas

Félix Aragunde 14/06/2024 21:02 Última actualización 14/06/2024 22:03

Tarde de inauguracións no Arde Lucus, coa apertura do Macellum ou mercado romano e mais da Castra, onde invocaron os deuses galaicos co acendido do lume purificador.

Miguel Carricoba, asociación Lugdunum: "Para que todo saia ben, hai que invocar todas as forzas da natureza, todos os espíritos que nos poidan axudar. Por iso invocamos os nosos deuses".

Foi no parque de Rosalía, onde se agrupan campamentos tanto romanos coma galaicos.

Víctor Rodríguez, Clan de Breogán: "Este ano a verdade é temos bastantes novidades. Fixemos o peche todo novo e traemos moitas cousas novas que se ven ao longo do campamento".

Juan Mato, Salesiani Luci Augusti: "A nosa principal atención é aos pequenos, que é onde temos o noso potencial. Temos todo tipo de xogos e ilustrámolos un pouquiño co material que temos".

No recinco histórico, ademais do mercado, tamén houbo xogos romanos, denominados Mvnera gladiatoria, que atraeron a atención do público asistente coas súas loitas corpo a corpo.

As celebradas nesta xornada en distintos puntos da cidade amurallada son algunhas das máis de 300 actividades que durante os días vindeiros recrearán o pasado galaicorromano de Lugo. Só para este venres, hai programados máis de 60.

En moitas delas participan os membros da Cohors III Lucensium, unha lexión que exerce de embaixadora da festa polo mundo adiante.

David Penela, Cohors III Lucensium: "Non hai nada igual, non hai nada que se lle pareza. Noutros sitios as actividades están moito máis limitadas ás propias asociacións, pero no Arde Lucus toda a xente se involucra dunha forma moi destacada".

Bautismos celtas, vodas romanas, teatro e moita animación pola rúa conforman o resto da oferta para esta xornada, á que seguirán na de mañá novidades coma os xogos píticos, que se suman ao circo romano ou aos grandes desfiles desta festa declarada de interese turístico internacional.

A praza de Santa María acolleu loitas de gladiadores A praza de Santa María acolleu loitas de gladiadores
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos