Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antonio Couceiro recoñece o interese do Deportivo en fichar a Lucas Pérez

Antonio Couceiro recoñece o interese do Deportivo en fichar a Lucas Pérez

Couceiro: "Habendo vontade por todas as partes, entendemos que será posible chegar a un punto de encontro"

G24.gal 13/12/2022 11:41 Última actualización 13/12/2022 11:48

Antonio Couceiro, presidente do Deportivo, compareceu ante os medios de comunicación nun acto onde se anunciaba un novo patrocinio cunha empresa de telecomunicacións.

Un dos temas foi o mercado de fichaxes, recoñecendo o mandatario que se fará un esforzo pola fichaxe de Lucas Pérez.

"Pola parte de Lucas Pérez a vontade de vir é clara. Desde o Deportivo temos a absoluta vontade de chegar a un acordo por el e faremos un esforzo, dentro dos nosos límites".

Mostrouse positivo sobre o posible regreso do dianteiro coruñés ao Deportivo:

"Habendo vontade por todas as partes, entendemos que será posible chegar a un punto de encontro"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar