Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Pontón: "Os votos ao BNG van servir para que Galicia teña unha voz forte no Congreso"

Ana Pontón: "Os votos ao BNG van servir para que Galicia teña unha voz forte no Congreso"

A formación nacionalista triplica a representación no Congreso ao obter dos deputados pola Coruña e un por Pontevedra

G24.gal 29/11/2026 23:47 Última actualización 30/11/2026 00:13

 O BNG logrou un resultado histórico nas eleccións xerais deste domingo ao pasar de un a tres deputados no Congreso. Consegue dous representantes pola Coruña, onde mantén o que xa tiña e suma un novo, e conquista outro por Pontevedra.

Ana Pontón agradeceu de "corazón" todos os votos recibidos e destacou o incremento de case sete puntos, (6,98) co respecto ás eleccións de 2023.

A portavoz nacional dixo que o votos do BNG van "servir para que Galicia teña unha voz forte defendéndoa no Cogreso" e tamén, engadiu, vai servir para "por a cara e o corpo á hora de defender os galegos e as galegas ante Madrid".

Tras reivindicar o "gran resultado" do BNG, Ana Pontón mostrou a súa "preocupación" pola posibilidade dun Goberno de dereitas cun "peso relevante" da extrema dereita. "É unha noite agridoce", recoñeceu.

A portavoz nacional do BNG advertiu de que ese escenario pode traer "recortes sociais" e "recortes de liberdades", así como cuestionamientos sobre o autogoberno galego e a lingua e cultura galegas. 

Pontón, puxo en valor que Vox non lograse ningún escano en Galicia: "Galicia é diferente e aquí non hai nin un só representante da ultradereita".   

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade