Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amigable inservible para España, que cae diante de Colombia (0-1)

Amigable inservible para España, que cae diante de Colombia (0-1)

Os colombianos saíron con máis ambición no segundo tempo e gañaron cun gol de Daniel Muñoz

Pau Cubarsí converteuse no segundo xogador máis novo que debuta coa selección española

G24.gal 22/03/2024 22:57 Última actualización 22/03/2024 23:18

A selección española perdeu por 1-0 diante de Colombia nun dos dous amigables que vai xogar nesta xanela internacional pola que se para a Liga. De pouco valeu un partido no que descansaron moitos dos teóricos titulares, máis enfocados no partido que xogarán o martes contra O Brasil.

De La Fuente comezou o partido con: Raya, Pedro Porro, Vivian, Laporte, Grimaldo, Zubimendi, Merino, Sarabia, Gerard Moreno, Oyarzábal e Joselu. Moitas probas para ver xogadores que están en dúbida de entrar na lista definitiva para a Eurocopa deste verán. O primeiro tempo deixounos o dominio de España pero pouco fútbol e escasas ocasións nambalas dúas porterías. Só hai que destacar un remate de cabeza de Vivian a centro de Grimaldo.

A entrada de James Rodríguez deulle un pouco de vida ao partido. O ex xogador do Real Madrid probouno no 59 e dous minutos máis tarde Dani Muñoz marcou un golazo despois dunha xogada do dianteiro do Liverpool Luís Díaz. 

España buscou a reacción e Pedro Porro a piques estivo de acadar o gol do empate. Grimaldo tamén mandou unha falta ao exterior da rede. De La Fuente aproveitou para meter uns minutos a Cubarsí. O central do Barcelona converteuse no segundo xogador máis novo que debuta coa selección española. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade