O novo presidente da Xunta desvela a composición do seu goberno
Alfonso Rueda, que xurou o cargo este sábado, ofreceulle a Diego Calvo entrar no executivo

Alfonso Rueda xa exerce con plenos poderes como presidente da Xunta. Tomou posesión do seu cargo este sábado, segundo dixo, asentado na moderación. Asegura que cre nunha Galicia unida e comprométese a traballar con determinación para preservar a autonomía e a estabilidade.
Este domingo está previsto que dea a coñecer a composición do goberno que o vai acompañar nos dous anos que quedan de lexislatura. Esta semana, ofreceulle a Diego Calvo entrar no executivo, pero sen desvelar a carteira que podería asumir.
Co resto dos conselleiros e conselleiras, que o acompañaron na toma de posesión, mantivo contactos nos últimos días. En poucas horas, resolverá todas as incógnitas e o luns pola mañá os membros do Consello da Xunta tomarán posesión.