Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alexia Putellas e Benzema gañan o Balón de Ouro

Alexia Putellas e Benzema gañan o Balón de Ouro

A xogadora do Barcelona repite galardón e o francés do Real Madrid ve premiada a súa magnífica temporada

Gavi, Courtois e Lewandowski tamén levan trofeos principais

G24.gal 17/10/2022 21:32

Alexia Putellas, malia a grave lesión que sufriu xusto antes da Eurocopa, repetiu o título como mellor xogadora do mundo que acredita o Balón de Ouro. O outro gran premio individual da gala foi para o dianteiro francés do Real Madrid Karim Benzema, peza fundamental nos títulos de Liga e Champions.

Outros xogadores da Liga levaron galardóns principais. Un deles foi o centrocampista do Barcelona Gavi. O andaluz é considerado o mellor xogador novo do mundo. Courtois levou o Trofeo Yashin como mellor porteiro e Lewandowski gañou o de mellor dianteiro, aínda que os seus méritos principais foron coa camisola do Bayern de Múnic. 

Real Madrid non puido levar o pleno como mellor club do mundo neste 2022. O premiado foi  o Manchester City, gañador da Premier, pero eliminado polo equipo madrileño nas semifinais da Champions.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade