Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "Xa haberá tempo para os reproches, agora é momento de irmos todos xuntos"

Álex López: "Xa haberá tempo para os reproches, agora é momento de irmos todos xuntos"

O excapitán do Racing pasou polos micrófonos de Ao contraataque días despois de deixar a práctica activa do fútbol e incorporarse á dirección deportiva do club ferrolán

G24.gal 12/02/2025 21:25

O excapitán do Racing de Ferrol, Álex López, pasou por Ao contraataque días despois de deixar a práctica activa do fútbol e incorporarse á dirección deportiva do club ferrolán. Álex retirouse para deixar unha ficha libre e que o club puidese incorporar un xogador máis á procura de ter un mellor cadro e acadar así a salvación. "Xa haberá tempo para os reproches", comentou López. "Os que queremos o Racing sabemos o difícil que foi chegar ata aquí. Agora é momento de seguirmos todos xuntos". 

Álex López estará a carón de Carlos Mouriz na dirección deportiva da entidade, pero recoñeceu que tivera un ofrecemento por parte de Alejandro Menéndez de ser parte do corpo técnico e desbotouno. 

Tamén fixo un extenso repaso pola súa carreira deportiva, desde os inicios no San Rosendo, a súa etapa nas categorías inferiores da selección, o Narón, o Celta, o Sporting ou a aventura en Australia. Do comezo lembra os ofrecementos que tivo cando era aínda xuvenil pero rexeitou propostas 10 ou 15 veces superiores ás que aceptou no Racing, pero o seu corazón verde estivo sempre por riba de todas as cousas. 

Tivo unha agarimosa lembranza do seu paso polo Celta, o club que o levou ata a Primeira División. De Paco Herrera, o seu descubridor, de Berizzo ou de Luis Enrique, ao que cualificou como "o mellor adestrador que tiven na miña carreira". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade