Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertcops, a aplicación que pode salvar vidas

Alertcops, a aplicación que pode salvar vidas

Descárgase de balde e ante unha emerxencia permite contactar con Policía Nacional e Garda Civil

Durante os últimos 12 meses Alertcops atendeu un total de 24.433 situacións de risco

O Ministerio de Interior puxo a andar Alertcops en agosto de 2014
G24.gal 11/08/2025 14:55

Alertcops recibiu no último ano máis de 150.000 alertas, pero, con todo, aínda segue a ser unha gran descoñecida.

 "Nin idea, Alertcops? Non"; "Non pois non, non a coñezo"; "Primeira vez que a escoitamos"; "Quizais terían que anunciala un pouco máis"; "A aplicación está funcionando xa?", comentan varios peregrinos.

Si, dende agosto do 2014

 "Pois déronlle pouco bombo, nin na televisión saíu que agora saen anuncios do Ministerio e non anunciaron para nada iso"; "Nós que nos movemos moito por redes sociais, ao mellor algunha publicidade por alí pois houbese estado ben", continúan.

Pois nesas anda tanto a Policía Nacional como a Garda Civil

"Coñeces a aplicación Alertcops? É unha aplicación que se es testemuña ou estás sendo vítima dun delito, permíteche poñerte en contacto coas Forzas e Corpos de Seguridade para que a través dun chat poidas enviarlles tanto vídeos como fotos", conta a Garda Civil nas redes a través dun vídeo.

A descarga é de balde en todos os dispositivos. Tamén recibirán a alerta os contactos que elixamos para sentirnos máis seguros.

"Terás a opción de poder designar un ou varios gardiáns para que sexan eles os que reciban as túas alertas e a localización en que te atopas nese momento".

"Nós ademais sendo novas e mulleres pois cando volvemos á casa igual pola noite pois sempre temos que ir mirando un pouco por detrás a ver se hai luz para sentirnos seguras e sempre estaría ben algún método para avisar se vemos algo", apunta unha rapaza.

"Ademais tes a posibilidade de engadir á túa pantalla de móbil un botón SOS que tan só premendo enviará aos teus gardiáns a túa localización nese momento así como un audio de 10 segundos", informa a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos