Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan dunha carta falsa da Seguridade Social para roubar datos bancarios

Alertan dunha carta falsa da Seguridade Social para roubar datos bancarios

A Tesourería da Seguridade Social advirte do calote 

Vai dirixida a xubilados aos que intentan enganar dicindo que van pagar unha suba nas pensións

G24.gal 24/09/2024 14:10

Moita atención porque a Tesourería da Seguridade Social alerta dunha estafa dirixida a xubilados. Reciben na casa unha carta falsa en que solicitan información bancaria para aplicar unha suba das pensións. A policía insiste, unha vez máis, que ningún organismo oficial nin entidade bancaria solicita nunca información sensible a través de correos nin SMS.

Milleiros de españois están a recibir unha suposta notificación da Seguridade Social en que afirman que perderon os datos a causa dun pirateo informático e solicitan ao destinatario que facilite o DNI e a conta bancaria. Ollo, porque se trata dun calote.  

"Absolutamente ningunha administración pública, como neste caso xa está dicindo a Seguridade Social e a Policía pide ningún tipo de dato delicado ou persoal desta maneira. Se cren que a solicitude pode ser certa, antes de contestar, deben verificar a través dunha chamada telefónica ao organismo ou consultar presencialmente", cóntanos o portavoz da Policía Nacional en Lugo, Manuel Arias.

Os destinatarios son xubilados e o cebo que empregan os estafadores é o pagamento dun suposto incremento nas pensións. A carta chega por carta á caixa do correo. 

"Está claro que queren actual sobre xente maior que non manexa tanto a informática. Por iso usan o método tradicional de comunicación que é o correo ordinario", di Manuel Arias.

Este tipo de estafas están á orde do día. Así no lo confirman persoas ás que preguntamos na rúa: 

"Recibo ás veces informacións deste tipo pero xa me dou conta e non pico".
"É moi corrente e eu xa non lle fago caso a nada de iso".
"Cada unha ou dúas semanas éntrame un correo tipo tes un paquete e tes que vir buscalo. Xa non lle fago caso".
"Eu a quen non coñezo xa non lle contesto nada".

A policía pide que se denuncien os intentos de estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar