Cargando resultados...
Alcaraz volve citarse con Sinner despois de derrotar a Fritz en Miami
O murciano chega ás semifinais logo dun partido cómodo (6-4, 6-2)
G24.gal
31/03/2023 07:35
Carlos Alcaraz volve citarse con Jannik Sinner nas semifinais do Torneo de Miami, igual que sucedera hai uns días en Indian Wells. Daquela o triunfo foi para o murciano diante do outro gran xogador pertencente á súa xeración.
Nos cuartos de final derrotou a Taylor Fritz (número dez do mundo) amosando unha gran superioridade. Gañou por 6-4, 6-2, sen conceder ningunha rotura de servizo. "É imposible seguirlle o ritmo", recoñeceu o seu rival unha vez rematado un partido que durou menos de 80 minutos.