Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alberto pecha a portería dun Coruxo que lle gaña ao Rayo Cantabria

Alberto pecha a portería dun Coruxo que lle gaña ao Rayo Cantabria

O equipo vigués só encaixou un gol nas seis primeiras xornadas e o porteiro detivo un penalti

Marcaron os centrais Antonini e Andriu

G24.gal 09/10/2022 14:23

O Coruxo segue facéndose forte en defensa. Só recibiu un gol nas seis primeiras xornadas do campionato e o seu porteiro Alberto Domínguez resultou determinante na vitoria no campo do Rayo Cantabria (0-2). O carballés detivo un penalti na primeira metade cando o resultado era o inicial.

Na segunda parte chegaron os goles no treito inicial. No 47 o central Juan Antonini marcaba á saída dunha falta. No 53, logo dunha brillante acción colectiva, Andriu facía o 0-2. Coa vantaxe de dous goles, o Coruxo dominou á perfección o partido e logrou a terceira vitoria da temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos