Joseph Aidoo e Carles Pérez poderían regresar ante o Elxe
Os dous completan unha parte do adestramento do Celta
Ata dez xogadores do filial traballaron co primeiro equipo
O defensa Joseph Aidoo e o extremo Carles Pérez, que non puideron xogar contra o Real Madrid por lesión, probáronse durante o adestramento matinal deste luns na cidade deportiva Afouteza, a dous días de recibir ao Elxe en Balaídos.
Os servizos médicos do Celta informaron de que o internacional ganés sofre “unha artrite traumática na primeira articulación metatarsofalángica do pé esquerdo”, mentres que Pérez causou baixa no Santiago Bernabeu por “unha talalxia no pé dereito”.
Para o choque do mércores contra o pechacancelas, o técnico Carlos Carvalhal ten as baixas seguras dos defensas Óscar Mingueza e Javi Galán, o primeiro por lesión e o segundo por sanción.
Ata dez xogadores do filial traballaron co primeiro equipo.