Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agustín Marchesín: “Estou en débeda co Celta”

Agustín Marchesín: “Estou en débeda co Celta”

O arxentino recuperouse dunha grave lesión do tendón de Aquiles que o mantivo de baixa sete meses

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 21/09/2023 12:02 Última actualización 21/09/2023 12:10

O internacional arxentino Agustín Marchesín, recuperado dunha grave lesión do tendón de Aquiles que o mantivo de baixa sete meses, marcouse como obxectivo recuperar a titularidade no Celta  para “demostrar o porteiro que é".

“Foi unha lesión fodida, pero estou con ganas de desquite. Os primeiros seis meses non foron os mellores no persoal. Estou en débeda co club, as cousas non me saíron como eu quería que saísen. Quero demostrar o que son como porteiro, a miña carreira fala por si soa”, declarou o gardameta, fichado no verán de 2022 do F. C. Porto.

Marchesín, campión da Copa América 2021 coa albiceleste, recibiu o pasado 18 de agosto a alta médica, 195 días despois de ser intervido polo doutor Juan José García Cota.

“Quedei coa sensación amarga de que a xente ten unha imaxe miña que non é a que foi durante toda a miña carreira. Anteriormente estiven noutros clubs e foime de marabilla e tamén quero deixar boa imaxe en Vigo. Tocoume chegar nun momento difícil da miña vida, cun tema familiar, pero non é escusa”, comentou.

Recoñeceu que estes últimos meses foron “moi duros” e que os viviu con “incerteza” porque non sabía como se ía atopar despois de tanto tempo de baixa.

“Débolle moitísimo ao club porque apostou moi forte por min. A lesión chegou cando mellor estabamos, tanto eu como o equipo. Teño moito rifa interna por non poder devolver ao club toda esa confianza que me deu”, reiterou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar