Cargando resultados...
AGalega estréase co Deportivo-Ponferradina como partido estelar
O encontro xogarase o domingo ás 19:00 horas e o cadro coruñés tentará reducir distancias co líder
G24.gal
19/01/2024 16:23
O Deportivo afronta unha final o domingo ás 19:00 horas diante da Ponferradina. O partido verémolo pola G2 e pola nova plataforma, AGalega.
Hai dez puntos de diferenza entre os dous equipos a prol dos bercianos, toda unha final para o cadro coruñés que afronta moi necesitado o encontro. Malia a situación clasificatoria Idiakez segue a insistir: "Queda moito en xogo e haberá cambios na clasificación". Comparou o campionato cun maratón, igual que o seu colega Benítez.
Non desespera á hora de pedir uns reforzos que, de momento, non chegan e demostrou seguir forte e apoiado á fronte do banco.