Activado o protocolo por un posible caso de ébola no hospital de San Sebastián
Activado o protocolo por un posible caso de ébola no hospital de San Sebastián
O ébola case descartado pero hai que esperar os resultados definitvos
É un dos sete hospitais españois que dispoñen de recursos especiais de alta seguridade e illamento
O Hospital Donostia de San Sebastián activou o protocolo establecido para atender unha muller ingresada este xoves con síntomas compatibles con febres hemorráxicas, como o ébola, despois dunha viaxe recente á República Centroafricana.
A Consellería de Saúde do Gobierno Vasco difundiu unha nota na que anuncia que se activou o protocolo que pon en marcha os recursos especiais de "alta seguridade e illamento" ante "a sospeita dun caso de febre hemorráxica".
A muller atópase "estable", ingresada na unidade de alta seguridade biolóxica do Hospital Universitario Donostia, que Osakidetza ten destinada a pacientes con enfermidades infecciosas graves, e "á espera dos resultados" de probas que poidan confirmar se padece unha febre hemorráxica como o ébola, lassa, dengue ou marburgo.
O ébola case descartado
O subdirector Médico da OSI Donostialdea de Osakidetza, Xabier Zubeldia, asegurou que a posibilidade de que a muller ingresada no hospital Donostia, ante a sospeita de tratarse dun caso de febre hemorrágica, estea contaxiada de ébola está "xa case descartada" e é "moi improbable"
"Nunca falamos do cento por cento, pero é moi improbable", sinalou, para incidir en que "non parece que sexa un ébola, nin un Marburg, nin tampouco unha Malaria grave"
O dispositivo, segundo a Consellería, foi implementado polos profesionais sanitarios "en menos de 24 horas" para "ofrecer a mellor atención" á enferma e "garantir o seu illamento", a súa "seguridade" e a do equipo que a atende.
O Hospital Donostia, en San Sebastián, é un dos sete hospitais españois que dispoñen dunha unidade con recursos especiais de alta seguridade e illamento para o tratamento desta enfermidade.