Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo inminente entre o Celta e o Betis para o traspaso de Borja Iglesias

Acordo inminente entre o Celta e o Betis para o traspaso de Borja Iglesias

As tres partes achegaron posturas nas últimas horas e o regreso do santiagués ao Celta podería anunciarse en breve

G24.gal 06/08/2025 19:37

Un dos seriais do Celta este verán é o de Borja Iglesias. Desde hai tempo o xogador e o club amosaron a súa determinación para regresar a Vigo despois dunha exitosa temporada como cedido na que o santiagués se converteu en goleador e líder do vestiario dun equipo que conseguiu a clasificación europea. 

Claudio nunca escondeu que Borja tiña que ser o seu dianteiro para a vindeira temporada e o xogador só tiña en mente regresar ao Celta rexeitando propostas doutros equipos que superaban no económico a do cadro vigués. O Betis, consciente dese interese, non daba o seu brazo a torcer e agardaba por unha boa cantidade de cartos por un xogador co que Pellegrini non conta e que ten unha ficha alta. 

Borja Iglesias non estivo presente nos últimos amigables do Betis e faltaba o detonante que precipitase a operación retorno a Balaídos. Ese acordo semella que chegou e o dianteiro estará en Vigo para preparar a primeira semana de competición diante do Xetafe. O aspecto físico colleuno en Sevilla e o táctico xa o ten moi aprendido do ano pasado co que a adaptación será a fume de carozo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar