Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abascal chama a Sánchez "xefe de demolicións" e pide unha reacción social

Abascal chama a Sánchez "xefe de demolicións" e pide unha reacción social

25.000 persoas participan na concentración de Vox celebrada en Madrid

Abascal acusou a Irene Montero de vitimizarse

G24.gal 27/11/2022 19:02 Última actualización 27/11/2022 19:09

O líder de Vox, Santiago Abascal, considera a Pedro Sánchez un político sen escrúpulos e o "xefe de demolicións da democracia".

Foi no acto celebrado en Madrid, no que participaron 25.000 persoas, segundo a Delegación do Goberno. Os asistentes pediron a dimisión do Goberno en xeral e a da ministra de Igualdade en particular. Abascal acusou a Irene Montero de vitimizarse e de liberar violadores e pederastas, e pediu unha reacción social contra o Goberno.

"Sánchez é o xefe de demolicións, quere trituralo todo, Sánchez non ten escrúpulos". "Non hai nada que negociar cos socialistas, non hai nada que negociar con Pedro Sánchez, só cabe combatelos, derrotalos, votar masivamente contra eles e botalos do poder".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade